dimanche 12 janvier 2014

Réflexion finale

     Xa finalizou o cuatrimeste, e facendo un pequeno resumo de todo, dinme conta de que empecei un pouco asustada con esta asignatura de francés, posto que a miña experiencia co idioma era nula e ademáis outro factor que tiña en contra era cursar a asignatura de 3º antes que a de 2º; en principio custoume seguilas clases, polo que se me facían pesadas, pero pouco a pouco o fun conseguindo e xa o levaba mellor.
     Estou moi contenta e satisfeita co levado a cabo nesta materia. Aprendín moitas cousas para traballar nun futuro ca lingua extranxeira: crear actividades de expresión escrita e oral, crear actividades de producción escrita e oral, así como a evaluar, e moitas cousas máis. A parte de aprender cousas relacionadas co francés, teño que destacar tamén que, aprendín a crear e a traballar nun portfolio, algo que descoñecía.
     Con repeto aos traballos levados a cabo, as chamadas tâches, teño que dicir que non me resultou complicado facelas, pois o profesor dábanos as indicacións necesarias e ben explicadas para elaboralas sen ningún problema; sen embargo, o que me complicaba a miña labor era á hora de elaborar as actividades nos programas que dicía o profesor ou outros.
     En xeral penso que estes catro meses foron ben aproveitados con respeto á miña formación.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire